Birmingham

Article on other languages:

Birmingham
Mapa
Información
País Reino Unido
Estado 20px]] Inglaterra
Superficie 267,77 km2
Poboación 1.001.200 (2005)
Densidade 3.729 h/km²
Alcalde Stephen Hughes
www.birmingham.gov.uk

Birmingham é tradicionalmente a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación (1.001.000h 2005), xa que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.

Sitúase no centro xeográfico da Gran Bretaña, na rexión por iso chamada Midlands, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro ao sur dos Peninos.

A súa orixen data dos tempos das invasións anglosaxonas cara o ano 700 cando un xefe tribal, o saxón Beorma, asentóu a súa xente perto do río Rea (Beorma inga ham, hogar ou aldea do pobo de Beorma).

Mais o verdadeiro nacemento de Birmingham data do 1154, cando o señor feudal do lugar conseguíu a concesión dun mercado xunto o seu solar, nun cruce de camiños ao carón duhna capela e futura eirexa de San Martiño, perto do vado do río. Dito mercado, coñecido aos poucos coma o Bull Ring, foi o berce e aínda hoxe, o corazón sentimental da cidade.

De todas as maneiras, Birmingham mantívose coma un centro secundario ata a metade do século dezaoito, cando a coincidencia no séu área dunha serie de persoas excepcionais xunto a factores xeolóxicos (a antedita riqueza mineira no Black Country) deron nacimento a Revolución Industrial. Entre aquéles merecen destacarse James Watt e Mattew Boulton, William Murdoch e Joseph Priestly, enxeñeiros, físicos, industriais e filósofos que coas súas invencións, desenvolvementos mecánicos e nova visión deron pulo a unha nova época. Reuníanse nuhna curiosa tertulia que bautizaron coma "Sociedade Lunar".

A partires de 1750 a poboación triplicouse ata 1800 e case decuplicóuse no século XIX (24.000,74.000,600.000h respect.). As industrias, sobor de todo metalúrxicas, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibíu alcumes coma "o taller do mundo" ou "a cidade dos mil negocios".

Índice

Cidades irmás

Birmingham está irmanada coas seguintes cidades[1]:

Ligazóns externas

Oficial

Fotografías

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Erro no código da cita: as etiquetas <ref> existen, pero non se atopou ningunha etiqueta <references/>

More about Birmingham: chevrolet birmingham, birmingham real estate, birmingham al real estate, hotel birmingham, birmingham nissan, birmingham alabama, insurance birmingham, birmingham vacation, birmingham news,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.