|
Article on other languages:
|
O xénero é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas. Compónse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (pino albar, pino negral, pino carrasco, etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente. O nome xenérico ten de ser un sustantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia. O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Linneo aceptounos, concretando así o seu pensamiento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na traducción da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da fructificación. Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía, etc. Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros. Niveis de Clasificación
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.